O documental "Recuerdos de un vigués de 50 años" proxectase no MARCO durante a fin de semana
O venres 21 de novembro, o salón de actos do MARCO acolle a estrea do documental titulado ‘Recuerdos de un vigués de 50 años’, producido polo Centro Territorial de TVE en Galicia co gallo da conmemoración do 50º aniversario do Centro PSA Peugeot-Citroën de Vigo.Despois desta presentación, o documental proxectarase en continuidade no mesmo espazo do salón de actos, no horario habitual de apertura ao público, durante toda a fin de semana: sábado 22 e domingo 23 de novembro. Todas as persoas interesadas teñen pois a posibilidade de asistir á proxección nos dous días seguintes á estrea.
O documental ‘Recuerdos de un vigués de 50 años’, dirixido por Xabier Fortes (director do Centro Territorial de TVE en Galicia) fai un repaso da memoria audiovisual do último medio século de historia da cidade de Vigo, que arrinca coa inauguración en 1958 da Planta de PSA Peugeot Citroën. Este traballo, que proximamente será difundido polo Canal Internacional de TVE e o Canal 24 horas, recupera boa parte dos depósitos do NODO e arquivos cinematográficos realizados en Vigo nas últimas cinco décadas —na súa maioría materiais inéditos e olvidados— contrastándoos con imaxes actuais e entrevistas, co fin de reflectir o cambio cultural, político, urbanístico e humano da cidade.
Estrea do documental ‘Recuerdos de un vigués de 50 años’
Venres 21 de novembro, ás 19.30
Salón de actos
Proxección en continuidade
Sábado 22 de novembro, de 11.00 a 21.00
Domingo 23 de novembro, de 11.00 a 15.00
Salón de actos
Descargar todas as imaxes
Estrea do documental ‘Recuerdos de un vigués de 50 años’
Venres 21 de novembro, ás 19.30
Salón de actos
Proxección en continuidade
Sábado 22 de novembro, de 11.00 a 21.00
Domingo 23 de novembro, de 11.00 a 15.00
Salón de actos