O alcalde presentará un novo plan de aparcadoiros para residentes
O alcalde, Abel Caballero, anunciou "o plan de aparcadoiros para residentes máis ambicioso elaborado na cidade" na súa visita ás obras do entorno de Jenaro de la Fuente, onde informou asemade da aprobación hoxe en Xunta de Goberno das bases para optar as prazas de residentes de aparcadoiros.
O alcalde, Abel Caballero, avanzou este venres na súa visita ao Mercado de Teis que "en moi pouco tempo" se presentará "o plan de aparcadoiros para residentes máis ambicioso da cidade", aínda que non precisou polo momento nin o número de prazas nin os lugares onde irán localizados.
O alcalde informou ademais da aprobación en Xunta de Goberno das bases para optar as prazas de residentes de aparcadoiros. Abel Caballero subliñou que o procedemento contará cunha amplia publicidade, para que todos os cidadans de Vigo o coñezan e poidan presentar en tempo e forma a súa solicitude. O número de prazas será o seguinte: no aparcadoiro da rúa Areal, 28; en Pintor Colmeiro, 78; Policarpo Sanz, 112; Rosalía de Castro, 117; Rosalía de Castro hacía o nudo de Isaac Peral, 89; Jenaro de la Fuente, 94; e Avda. Castelao, 202 prazas.
Os requerimentos solicitados para optar a unha das prazas son ser persoa física, estar empadroado en Vigo ou ter residencia efectiva na área de influencia do aparcadoiro, non ter concedida unha praza de residente noutro aparcadoiro público e presentar toda a documentación en regla. O prazo de presentación é de dous meses e a resolución se efectuará por sorteo público.
Os prezos de cesión rondan os 18.000€ de Pintor Colmeiro e os 38.500€ no aparcadoiro de Rosalía de Castro.
Descargar todas as imaxes