O Concello impulsa a campaña "Cóntao" para involucrar á cidadanía contra a violencia de xénero
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentaron a campaña "Cóntao", co gallo da conmemoración o 25 de novembro do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. A campaña busca un compromiso da cidadanía na loita contra a violencia de xénero e para acadalo repartiranse 10.000 caixas coas mensaxes da campaña que conteñen unha tarxeta-carné de compromiso, un colgante para o teléfono móbil e un calendario de mesa cun decálogo de responsabilidade individual.
"Para este goberno municipal e para o BNG a loita contra a violencia de xénero sempre foi un tema transversal", subliñou o tenente de alcalde, quen precisou a necesidade de desenvolver campañas "que involucren a toda a sociedade". Santi Domínguez indicou que todos os días "asistimos a acontecementos que lembran que esta lacra social non da rematado". Sinalou, ademais, que son moitas as mulleres as que sofren a violencia e boa parte delas "non se atreven a denunciar fundamentalmente por medo". Ao respecto salientou que a sociedade "ten unha débeda con estas vítimas", porque ao seu xuízo, o "caldo de cultivo dos maltratadores o facemos nós cando non somos quen de denunciar o machismo".
O tenente de alcalde reconoceu, porén, que dende a Concellería de Igualdade "se leva traballando moito", e por iso felicitou a Iolanda Veloso e ao seu equipo. Ao respecto mencionou que a Xunta de Goberno Local de hoxe vén de aprobar o convenio co Consorcio Galego de Benestar para a posta en marcha do centro de emerxencia social destinado ás mulleres que sofren maltrato. "Esta iniciativa supón un salto cualitativo na atención das mulleres", subliñou.
"Estamos reforzando constantemente a atención ás mulleres, pero aínda falta conquerir a involucración de toda a sociedade para que ninguén que queira contribuír deixe de facelo", indicou. Llembrou que hai uns días tivo lugar a presentación da campaña "Eu colaboro", dirixida ao sector do comercio, fundamentalmente. "Agora falta abarcar o resto da sociedade", engadíu.
Santi Domínguez sinalou que o lema da campaña "Cóntao"é "suficientemente expresivo co que se quere conquerir", é dicir, que calquera persoa que coñeza un caso de maltrato dispoña dos mecanismos acaídos para denuncialo.
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, reiterou que a campaña "busca o compromiso dos vigueses e das viguesas para denunciar a violencia contra as mulleres". A nacionalista explicou que esta iniciativa supón unha continuación da campaña "Contra a violencia non hai tregua", que xunto á instalación do marcador dixital na rúa do Príncipe centraron as actuacións do seu departamento na loita contra a violencia de xénero. "Trátase dun paso máis aló que busca o compromiso individual e colectivo, porque todos e todas temos unha responsabilidade fronte ao delito da violencia contra as mulleres", sinalou.
Implicación a terceiros
A campaña baséase na entrega dunha documentación informativa para actuar en caso de ser testemuñas dun caso de violencia contra as mulleres, e dun símbolo que nos identifique como persoas comprometidas. Deste xeito, implícase a terceiros nun problema que excede o ámbito persoal ou familiar.
"Non buscamos heroes nen mártires", salientou Iolanda Veloso, senón que o obxectivo radica en que calquera persoa que coñeza un caso de violencia contra a muller o comunique ao 112 ou ao Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller no número 986 293 963.
Iolanda Veloso explicou que a Tenencia de Alcaldía de Vigo e a Concellería de Igualdade editan 10.000 caixas coas mensaxes da campaña que conteñen unha tarxeta-carné de compromiso, un colgante para o teléfono móbil e un calendario de mesa cun decálogo de responsabilidade individual.
Respecto ao decálogo, explicou que, ademais de comunicar á policía ou aos xulgados o caso de violencia, é fundamental "non xulgar ás vítimas nin xustificar aos agresores", co obxectivo de combatir o silencio e a complicidade que envolven moitos casos de violencia. "Unha persoa que mata a unha muller, que mata á nai dos seus fillon en ninún caso pode ser considerada boa persoa", subliñou. Ademais, anunciou que o decálogo será asumido polo conxunto da cooporación municipal no pleno que terá lugar o vindeiro luns. "Temos o dereito e o deber de axudar as mulleres que están a sofrir violencia de xénero e sabemos que é fundamental a colaboración cidadá, porque en moitos casos de violencia, as mulleres mortas non presentaran ningunha denuncia contra o seu maltratador", explicou a concelleira de Igualdade.
Descargar todas as imaxes