Escoitar
Animación Sociocultural

Inscrición do "XXVIII Concurso de Rondallas"

<br />

venres, 21 nov 2008
Conforme o convenio de colaboración asinado polo Concello de Vigo coa Federación de Peñas "El Olivo" e coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, convócase o "XXVIII Concurso de Rondallas", que vai ter lugar o vindeiro día 28 de decembro, no Instituto Municipal dos Deportes das Travesas.

Por este motivo, comunícaselles a todas as persoas interesadas que as solicitudes de inscrición están á súa disposición na oficina de Información do Concello e que o prazo de presentación será dende o 1 ata o 13 de decembro, ambos inclusive. Lémbrase que o número máximo de participantes limítase a doce, tendo como único criterio de selección a orde de presentación de solicitudes na oficina do Rexistro Xeral.