Xabier Alonso anima a participar nas xornadas do clube Lucena co campión europeo de xadrez Serguei Tiviakov
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anima a todos os afeccionados e afeccionadas do mundo de xadrez a participar na xornada de portas abertas que o Clube Lucena celebrará mañá co actual campión de Europa e 36 no ranking mundial, Serguei Tiviakov. Na xuntanza que Xabier Alonso mantivo este venres co deportista de orixe ruso, o edil lle fixo entrega dun agasallo de artesanía galega como agradecemento a súa implicación co deporte vigués.
"É moi importante para a Concellería de Deportes e para a cidade de Vigo contar cunha figura de prestixio internacional no ámbito de xadrez como é Serguei Tiviakov", subliñou o concelleiro, quen explicou que a xornada de portas abertas terá lugar nas instalacións do Club Xadrez Lucena (rúa Reiseñor, 15) mañá sábado, 22 de novembro, de 17 a 21 horas. As persoas que se acheguen ao clube terán a oportunidade de charlar co campión europeo e 36 no ranking mundial e, se as condicións o permiten, poderán xogar partidas rápidas co propio Serguei Tiviakov.
O vixente campión de Europa de xadrez naceu na cidade rusa de Krasnodar, aínda que na actualidade está nacionalizado holandés. Gañador de máis de vinte torneios internacionais, foi campión do mundo Sub16 en 1989 e sub18 en 1990. No ano 1991 acadou o título de Gran Mestre Internacional de Xadrez. En 1994, participou no Ciclo de candidatos da PCA World Championship Title (eliminado por M.Adams, Inglaterra) e posteriormente foi campión olímpico con Rusia. No 2001 e 2005 foi campión europeo de clubes e nos anos 2006 e 2007 proclamouse campión holandés e xa neste 2008, campión de Europa.
Descargar todas as imaxes