Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 21 nov 2008

PLENO DO EXCMO. CONCELLO.- Núm. 17


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 24 de NOVEMBRO de 2007, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


1.- Acta anterior.(Sesión 29.09.08)

XESTIÓN MUNICIPAL
2.- Reclamación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Matamá sobre ocupación do monte Maruxento. Expte. 18336/240.

3.- Solicitude de compatibilidade da concelleira do Grupo municipal do BNG, Sra. Veloso Ríos. Expte. 1254/110.

CULTURA, INDUSTRIA, TURISMO E PATRIMONIO HISTÓRICO
4.- Constitución da Fundación "Vigo Convention Bureau" e aprobación inicial dos seus estatutos.

URBANISMO
5.- Toma de coñecemento de informe relativo á aprobación inicial das Directrices de Ordenación do Territorio. Expte. 11396/441.

6.- Toma de coñecemento de informe relativo ó plan director de estradas de Galicia. Expte. 13/403.

7.- Ampliación da cantidade global destinada a produtividade no orzamento da Xerencia Municipal de Urbanismo no exercizo 2008. Expte. 3424/407.

MOCIÓNS

8.- Moción do Grupo municipal Socialista de medidas a tomar co gallo do día internacional contra a violencia de xénero.

9.- Moción do Grupo Popular instando campañas de sensibilización e outras medidas contra a violencia de xénero.

10.- Moción do Grupo Popular instando a construción dun local para a asociación "Quiñones de León" no solo que contempla o PXOM preto de Castrelos.

11- Moción do Grupo Popular propoñendo a aplicación do acordo da Mesa Xeral de negociación relativo a medidas retributivas e mellora das condicións de traballo dos empregados do Concello.

12.- Moción do Grupo Popular instando negociación coa Xunta de Galicia e coa Deputación de Pontevedra para acometer obras no cruzamento da Avda. de Castrelos coas rúas Manuel Cominges e Ramiro Pascual.

13.- Moción do Grupo Popular instando se acometan as obras que restan no aliviadeiro da rúa Colón.

14.- Moción do Grupo Popular instando a adaptación dos parques infantís á normativa vixente e tomar medidas para o seu mantemento.

15.- Moción do Grupo Popular instando un plan de medidas urxentes para os desempregados, autónomos e pequenas e medianas empresas.

16.- Moción do Grupo Popular instando a negociar coa Consellería de Medio Ambiente para un proxecto de recuperación integral do río Lagares.

17.- Moción do Grupo Popular solicitando se inste á Consellería de Medio Ambiente e ó Ministerio de Fomento que a nova EDAR do Lagares sexa soterrada.

18.- Moción do Grupo Popular instando tomar as medidas necesarias para aliviar as molestias que sofren os veciños con motivo das obras do aparcadoiro da rúa Jenaro de la Fuente.

19.- Moción do Grupo Popular solicitando se estude a posibilidade de instalacións semafóricas e cambio de direccións en rúas da cidade.

20.- Moción do Grupo Popular instando a revisión de axudas e subvencións en materia socio-cultural.

21.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE horas do día VINTECATRO DE NOVEMBRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 20 de novembro de 2008
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.