Escoitar

O pleno aproba a constitución da Vigo Convention Bureau para potenciar o turismo de congresos

A corporación do Concello de Vigo aprobou este luns a constitución e os estatutos da Fundación Vigo Convention Bureau, cos votos a favor dos grupos do PSOE e o BNG é a abstención do Partido Popular. O obxectivo desta iniciativa consiste en fomentar o desenvolvemento dos congresos e convencións e o desenvolvemento de infraestruturas turísticas e así potenciar o turismo vencellado con este sector.

luns, 24 nov 2008
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, salientou que este organismo "vai permitir que Vigo poda entrar no circuito de captacións de congresos e feiras internacionais, algo moi importante para traballar na desestacionalización do turismo". Sinalou que o Convention Bureau vai estar incluido dentro do Plan de Competitividade Turística que ven de conceder á nosa cidade o Gobreno do Estado.

O obxectivo concreto do Vigo Convention Bureau é a captación de congresos, convencións e viaxes de incentivo para a cidade de Vigo, así como a potenciación e desenvolvemento das infraestruturas turísticas e servizos específicos no campo do subsector do turismo de reunións. Ademais, a Fundación tamén cumprirá a función de representar á cidade de Vigo como sede de congresos e reunións, producir unha Guía Profesional de Congresos, que aglutine toda a información turística, cun inventario de recursos turísticos e infraestruturas para a celebración de congresos, así como as empresas de servizos especializados para este tipo de eventos.

Segundo os estatutos aprobados hoxe, a Fundación estará integrada polo Concello de Vigo, Caixanova, a Xunta de Galicia, a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, a Confederación de Empresarios de Pontevedra e o Instituto Feiral de Vigo. Estes organismo teñen que ratificar agora os estatutos aprobados no pleno para proceder antes de que remate o ano a sinatura da acta fundacional do Vigo Conventión Bureau.

O seguinte paso consistirá en acadar que Vigo forme parte do Spain Convention Bureau, unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa na actualidade a 41 cidades de congresos, entre as que se atopan, ademáis de Madrid, Barcelona, Sevilla e Zaragoza, as cidades galegas de A Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela. O Spain Convention Bureau constituiíuse no ano 1984, no seo da Federación Española de Municipios e Provincias, como unha sección especializada dentro da Comisión de Turismo, coa denominación de Sección Española de Cidades de Congresos. Entre os seus obxetivos principais figuran promover o intercambio de experiencias e información deste sector turístico entre os municipios que forman a SCB e realizar accións encamiñadas á promoción conxunta tanto nacional como internacional das cidades que a compoñen.