O novo centro de servizos sociais municipais de Coia atenderá a unha poboación de 75.000 persoas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciaron este martes que o novo centro municipal de servizos sociais de Coia, que estará rematado a mediados do 2009 atenderá a unha poboación de 75.000 persoas. Así o explicaron Santi Domínguez e María Méndez no transcurso da visita que realizaron ao inicio das obras, que contan cun orzamento de 450.000 euros.
"O novo centro municipal de servizos municipais é o exemplo da importancia que lle damos ás actuacións de mellora da calidade de vida da xente e o compromiso do BNG a prol do gasto social e a atención á cidadanía", subliñou o tenente de alcalde. Segundo Santi Domínguez, o inicio das obras desta nova instalación supón "un paso máis" na descentralización dos servizos municipais para que estea "máis preto da xente que os necesita". Nese sentido, o nacionalista lembrou que este é un dos obxectivos que se plantexou o BNG ao chegar ao goberno.
Santi Domínguez indicou que o novo centro se ubicará nun espazo de 600 metros cadrados e que a súa construción terá un orzamento de 450.000 euros. Na "aposta pola calidade", o tenente de alcalde adiantou que o novo centro incorporará novos servizos, como o de psicólogo.
O tenente de alcalde felicitou a concelleira María Méndez e ao equipo da Concellería de Benestar Social, polo traballo que están a desenvolver a prol de mellorar a calidade de vida da cidadanía. A concelleira, pola súa banda, salientou que as novas instalacións darán servizo aos distritos de Coia, da zona litoral e de Castrelos, así como o de Navia. Ao respecto, María Méndez matizou que o obxectivo do goberno municipal consiste en que esta parroquia conte cun centro propio nesta mesma lexislatura. Destacou, ademais, que non se está a traballar para contra con novas instalacións, senon que o seu departamento tamén contará cun incremento do persoal, coa incorporación o ano que vén de cinco novos asistentes sociais e dous auxiliares. Indicou que, na actualidade, cada UBA (unidades básicas de atención social) atende arredor de 20.000 persoas e o obxectivo é o desdoblamento das unidades. Así co incremento do número de UBAS e o aumento de persoal cada unidade poderá atender entre 11.000 e 12.000 usuarios e dar cumprimento á nova Lei de Servizos Socias, que precisamente hoxe se aprobou no Parlamento galego, co obxectivo de mellorar a calidade da atención ás persoas.
Segundo María Méndez, as obras do novo centro de servizos municipais deberán estar rematadas no segundo trimestre do vindeiro ano e entre as súas dependencias destacou que terá unha sala de usos múltiples que poderá ser utilizada tamén pola veciñanza de Coia.
Descargar todas as imaxes