O magosto protagoniza as actividades das ludotecas municipais
A Concellaría de Xuventude presenta a programación das Ludotecas, de cara ao vindeiro mes de novembro, no que o protagonista é o Magosto.
Na ludoteca da Casa da Xuventude (López Mora, 31), e baixo o lema "aprendamos a comer", levarán a cabo diversos obradoiros de cociña con receitas sas, ensinando a variedade de alimentos e os gustos diferentes de cada un deles, así coma un obradoiro do sentido do gusto para avivar o seu paladar.
Festexarán o Magosto gozando das castañas e dos xogos populares e, tamén neste mes, realizarán o famoso "mercadiño", no que se ofertarán os diferentes obxectos elaborados polos nenos e nenas nos obradoiros.
A ludoteca de integración Hoy por Mañana (Sagunto, 86) terá un obradoiro do Magosto no que nenos e nenas construirán unha cesta con cartóns de leite para recoller as castañas asadas. Confeccionarán monicreques con diferentes materiais e técnicas para despois facer teatro coas personaxes creadas. Farán instrumentos musicais con materiais de refugallo e formarán unha pequena banda para probar as súas creacións.
"Debaixo dun botón" é o lema co que traballarán os nenos e nenas que acudan á ludoteca de Lavadores, no que farán obradoiros empregando botóns: bonecos, chaveiros,marcos de fotos... E para celebrar o día dos dereitos dos nenos/as farán unha escultura con materiais variados: cartón, pegamento, témperas...
Pola súa banda, a ludoteca de Coia (Pavillón deportivo. Avda. Castelao) vai traballar o "Mundo do Teatro" cuns obradoiros nos que os nenos e nenas farán ensaios meténdose na pel dalgunhas personaxes para representalos nunha obra. Farán tamén un teatro de monicreques cos bonecos que crearán eles mesmos. Tamén farán máscaras de xeso, marionetas con calcetíns, con feltro... E como non, celebrarán o Magosto. Terán tamén unha clase de break-dance impartida voluntariamente por dous rapaces.