25 profesores británicos de intercambio visitaron o Concello de Vigo
Os docentes está aloxadas nas vivendas de distintos profesores vigueses e dan clase aos alumnos tanto en inglés como en español. O alcalde os recibiu este mércores na Alcaldía e lles invitou a que, o vindeiro ano, sexan "50 ou 100" os que cheguen a Vigo. Abel Caballero agarda que a cooperación entre o Reino Unido e a cidade continue.
O alcalde de Vigo recibiu este mércores a un total de 25 profesores de primaria do Reino Unido que chegaron á cidade como parte do proxecto europeo Comoenius, e que están a impartir docencia tanto en español como no seu idioma nativo.
Abel Caballero explicou a "importancia capital" do inglés para o goberno que preside, polo que agarda que se incremente nos próximos anos a presenza dos docentes en Vigo, chegando a "50 ou 100", indicou.
O alcalde, visiblemente satisfeito pola visita dos profesores ás instalacións municipais, subliñou que agarda que a fluidez entre o Reino Unido e a cidade continúe, tanto para os alumnos como para os docentes.
Descargar todas as imaxes