María Méndez salienta que os orzamentos de Benestar Social medrán nas áreas de apoio aos máis necesitadas
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, subliñou este martes que "priorizar as áreas que inciden en paliar as consecuencias da crise económica" foi o principal criterio da elaboración dos orzamentos do seu departamento para o exercicio do 2009. Benestar Social contará con preto de 6 millóns de euros, centrados fundamentalmente no incremento dos servizos destinados ás persoas maiores e en risco de exclusión e o aumento das axudas aos colectivos máis desfavorecidos e para libros e comedores.
"Sabemos que veñen tempos difíciles e temos que prestar coberturas ás persoas con menos recursos", salientou a edil do BNG, quen destacou así mesmo que os orzamentos do 2009 servirán para facer de Vigo unha cidade "máis integradora, máis solidaria e máis acolledora". María Méndez precisou que, sen ter en conta o previsible incremento do capítulo 1 (destinado a persoal) nen as achegas doutras administracións, o orzamento de Benestar Social ascende a 5.851.000 euros.
A concelleira de Benestar Social destacou que os principais incrementos produciranse nos capítulos 2 e 4, os destinados ás axudas aos colectivos menos favorecidos. Salientou que a área de maiores e persoas dependentes experimentará un aumento do 8 por cento, e inclúe a posta en marcha dun novo servizo, como é o programa "Xantar na casa", ao que se destinarán 70.000 euros. Ademais, increméntase en 100.000 euros o servizo de axuda a domicilio. En canto á área de infancia e menores, destacou que as axudas para libros e comedor aumentarán un 15 por cento e chegarán a 1.035.000 euros. Do mesmo xeito, as axudas para as persoas desfavorecidas incrementaranse un 22 por cento, e contan cun orzamento de 700.000 euros. Neste sentido, a concelleira nacionalista subliñou a posta en marcha dun novo servizo, como é a apertura de dous pisos de acollida destinados a colectivos en risco de exclusión social, que contarán con doce ou trece prazas, e que disporá dun orzamento de 70.000 euros.
"As axudas para grupos desfavorecidos experimentarán un incremento do 20 por cento", destacou María Méndez, quen salientou que se estas partidas non se incrementan "deixamos á xente sen cobertura e Benestar Social valeira de contido". Neste sentido detallou que o convenio coa asociación Afán ascende a 20.000 euros, cos Misioneros dos Hermanos Pobres é de 22.000 euros e ao Comedor da Esperanza destínanse 18.000 euros. Tamén destacou que Cedro terá un orzamento de 1.391.795 euros, independente do de Benestar Social. Ademais, a edil do BNG comentou o considerable aumento da partida destinada á cooperación internacional, que experimentará un incremento do 41,4 por cento.
En canto ao capítulo 6, o destinado a equipamentos, indicou que se reduce a metade, posto que hai outra administración, como é a Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar, que inviste en infraestruturas para a cidade, grazas aos convenios asinados recentemente. Neste sentido, explicou que o Consello Galego de Servicios Sociais investirá arredor de 3 millóns de euros en diversos equipamentos, como o centro de día da rúa O Grove, o centro de día do Parque Tecnolóxico e a galescola tamén do Parque Tecnolóxico, así como o novo Centro de Inclusión Social. "En calquera equipamento que se abra pola Xunta, o Concello ten que aboar o 30 por cento do servizo prestado ás persoas beneficiarias, como acontece actualmente no centro de día Atalaya", explicou María Méndez.
"No BNG propuxémonos materializar, na medida do posible, a idea de que o benestar social ten que estar basado na universalidade, a igualdade de oportunidades, a integración e en ofrecer servizos públicos de calidade", salientou a edil nacionalista. Ao seu xuízo, os orzamentos da Concellería de Benestar Social correspondentes ao 2009 "responden a estes criterios".
Descargar todas as imaxes