Últimas prazas dispoñibles para o curso ‘XENTES, ESPAZOS E LUGARES’
O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, lembra que durante esta semana continúa aberto o prazo de matrícula para o curso ‘XENTES, ESPAZOS E LUGARES’, para o que quedan dispoñibles as últimas prazas e que se celebra do 4 de novembro de 2008 ao 26 de maio de 2009. O curso está organizado polo COAG e MARCO, coa colaboración de Xerencia de Urbanismo
Coordinado por Xosé Manuel Rosales, o curso ‘Xentes, espazos e lugares’ busca ofrecer unha visión multidisciplinar dos espazos que habitamos, contando coa visión que distintos especialistas —arquitectos, urbanistas, antropólogos, artistas plásticos, xeógrafos...— poden achegar sobre como foi e como é nosa relación creadora/destrutiva co ámbito e cos espazos que habitamos ao longo do tempo.
O programa conta coa participación de poñentes procedentes de diversas disciplinas, como o creador de banda deseñada Miguelanxo Prado, o cineasta José Luis Cuerda, os xeógrafos Joan Nogué e Alvaro Domingues, a directora do programa ‘Callejeros’, o antropólogo Marcial Gondar, os artistas Álvaro Negro e Juan Luis Moraza, a actriz Mabel Rivera, o biólogo Juan Freire, ou os membros do colectivo Escoitar.org, así como dos arquitectos Santiago Cirugeda, Pedro de Llano, Jaime Garrido, Juan Luis Dalda, Javier Rivas, Víctor López Cotelo, Fernando Agrasar, Plácido Lizancos, Alfonso Penela, Fernando Costas, Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera, ademais de Salvador Fraga, Javier García-Quijada e Manuel Portolés, autores do proxecto de rehabilitación do MARCO.
Descargar todas as imaxes