xoves, 30 outubro 2008

A próxima semana valarase o entorno do Auditorio e se restrinxirá un carril de aparcamento

xoves, 30 out 2008

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou este xoves o calendario de execución da obra do Auditorio para a súa inauguración no primeiro día de 2011. A acta de replanteo está asinada e o arqueólogo xa comprobou os terrenos e estableceu o procedemento a seguir. O rexedor explicou que o tráfico de Jacinto Benavente continuará en dous sentidos. <br />

Iolanda Veloso reforza nos orzamentos de Igualdade e Xuventude o apoio aos espazos de lecer educativo

xoves, 30 out 2008

A concelleira de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, salientou este xoves que os orzamentos das súas concellerías manteñen un "crecemento sostible", acorde co resto das áreas do BNG. Ademais, a edil destacou a inclusión de dúas partidas, na Concellería de Xuventude e na de Igualdade, que teñen a finalidade de "subvencionar espazos de lecer educativo".

O tenente de alcalde presenta a oferta turística viguesa en Suiza a operadores e prensa especializada

xoves, 30 out 2008

No marco do Salón Internacional Suizo de Vacacións, o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo do Concello de Vigo, Santi Domínguez, mantén ao longo do día de hoxe encontros profesionais cos operadores expertos no sector e a prensa especializada. O obxectivo destes encontros non é outro que presentar a ampla oferta turística da cidade de Vigo aos touroperadores e os medios centrados no turismo de ámbito internacional nunha xornada adicada unicamente aos encontros profesionais.

A Biblioteca Central pecha o día 31 por traballos de mantemento e abre o 3 de novembro<br /> <br />

xoves, 30 out 2008

A Biblioteca Central de Vigo, ubicada na rúa Joaquín Yáñez, pecha as súas portas de xeito temporal o vindeiro venres 31 de outubro para realizar traballos de mantemento. Segundo informa a dirección da biblioteca, estes traballos consisten na aplicación de tratamentos de prevención e desinsectación, de xeito que o luns día 3 de novembro reabrirase aos usuarios e usuarias no seu horario habitual.<br />