Este sábado poderá iniciarse a retirada dos residuos restantes na nave de o Gorxal
A Xerencia de Urbanismo tomou coñecemento este xoves da licencia municipal concedida para o apuntalamento e retirada dos residuous restantes da nave calcinada de O Gorxal. Previa autorización da xuíza, o vindeiro sábado 1 de novembro, os propietarios poderán iniciar os traballos, que se alongarán uns 40 días, segundo explicou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou que a Xerencia de Urbanismo tomou coñecemento este xoves da licencia municipal concedida para levar a cabo a retirada dos residuos restantes da nave industrial calcinada en O Gorxal.
O alcalde explicou que o procedemento de acción xa está definido e a propiedade se fai cargo dos traballos de apuntalamento, das garantías medioambientais precisas para evitar calquera posible verquido ao Lagares e da demolición dalgunhas zonas puntuais, acorde ás indicacións.
Deste xeito, o próximo sábado, 1 de novembro, xa se poderá entrar na nave, previa autorización da xuíza e acorde aos informes periciais. Segundo citou o rexedor vigués, a duración dos traballos será próxima aos 40 días, aínda que a propiedade agarda poder rebaixar este prazo.
O procedemento e a responsabilidade pasa a mans dos propietarios, que deberá substituír a vixilancia policial actual pola seguridade privada, e efectuar os traballos atendendo á licencia municipal concedida e baixo a supervisión da Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia no tocante á retirada dos deterxentes. Abel Caballero indicou que o departamento municipal de Urbanismo tamén seguirá o devir das obras.
Descargar todas as imaxes