venres, 31 outubro 2008

Xesus López salienta que os orzamentos fomentan a cultura de base e reforzan a aposta polos grandes eventos

venres, 31 out 2008

O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, o Xesus López, salientou este venres que os orzamentos para 2009 permitirán seguir desenvolvendo as dúas liñas de actuación nas que sustenta a xestión das súas áreas. O nacionalista subliñou que posibilitarán apostar pola "política cultural de base, feita para a cidadanía viguesa polos propios vigueses e viguesas", e achegar a Vigo "grandes espectáculos de prestixio internacional".

Xesus López destaca que a homenaxe a Orencio Pérez era unha das débedas do Concello e de Vigo cara ao xuíz

venres, 31 out 2008

O concelleiro de Cultura, Xesus López, dixo este venres que o acto de recoñecemento á figura de Orencio Pérez González era unha das débedas do Concello e da cidade de Vigo cara ao xuíz que durante anos estivo á cabeza do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo. No acto de homenaxe, que tivo lugar nas dependencias xudiciais da cidade, ademais do edil do BNG tamén participaron o decano do Colexio de Avogados de Vigo, o presidente da Irmandade Xurídica Galega, o presidente da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, o xefe superior de Policía de Galicia, o fiscal superior de Galicia e a viúva de Orencio Pérez, quen xunto ao concelleiro de Cultura presidiu a inauguración do busto adicado ao xuíz.

O ARE MORE ofrece un concerto de piano de Beatriz Montes

venres, 31 out 2008

O festival de música ARE MORE programa un ciclo adicado ás mulleres, que comezará o 2 de novembro co concerto de piano de Beatriz Montes nas instalacións do Real Club Náutico, como unha das novidades da presente edición do certame. O concerto será ás 12.30 horas con entrada libre ate completar aforamento.

III Seminario Galego de Etnografía "A vida cotiá dos galegos en época contemporánea"

venres, 31 out 2008

O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo organiza o III Seminario Galego de Etnografía co fin de achegar a toda a cidadanía os valores do noso patrimonio etnográfico. Nesta III edición contará coa presencia do escritor e catedrático de Escola Universitaria de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago, Xavier Castro Pérez, que achegará aos modos de vida cotiá dos galegos na época contemporánea.

Xogos do mundo no Verbum

venres, 31 out 2008

O museo Verbum – Casa das Palabras propon para as mañás dos domingos do mes de
novembro unha selección de contos do mundo e viaxes polo globo terráqueo. Nos obradoiros
realizaranse algúns xoguetes de diferentes partes do mundo e xogarese con eles para así
coñecer moitos países e lugares que ata agora non podiamos nin imaxinar.