Escoitar

O alcalde destaca a "enorme cantidade de emprego e valor engadido" que xera o centro de datos de Vodafone

Abel Caballero visitou este venres o Data Centre de Vodafone-Tele 2, da man dos responsables da empresa a nivel nacional e territorial. O alcalde mostrou a súa "satisfacción e felicitación" á compañía e aos seus traballadores polo valor engadido que xera e por situar a Vigo no "mapa das altas tecnoloxías do mundo". <br />

venres, 31 out 2008
1225462374fotovodafone.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres o Centro de Datos que a empresa de telecomunicacións Vodafone-Tele 2 ten situada na parroquia viguesa de Zamáns, acompañado polo Director Nacional de Empresas de Vodafone España, Antonio Alemán, e outros responsables territoriais.

O rexedor coñeceu da man dos seus responsables a alta tecnoloxía coa que conta a instalación dentro do sector das telecomunicacións e a importancia que o propio Abel Caballero lle concede ao feito de que unha empresa líder teña elixido Vigo como sede do seu Centro de Datos.

No Data Centre traballan esencialmente, segundo indicaron os seus responsables, profesionais formados na Universidade de Vigo, e ocupa a unhas 2.000 personas entre empregos directos e indirectos.

A este respecto, o alcalde quixo recoñecer á empresa a "enorme cantidade de emprego" que xera na cidade, así como o "valor engadido" que representa para a cidade. Abel Caballero felicitou á compañía e aos seus traballadores porque situan a Vigo no "mapa das altas tecnoloxías do mundo".
Descargar todas as imaxes