Escoitar

III Seminario Galego de Etnografía "A vida cotiá dos galegos en época contemporánea"

O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo organiza o III Seminario Galego de Etnografía co fin de achegar a toda a cidadanía os valores do noso patrimonio etnográfico. Nesta III edición contará coa presencia do escritor e catedrático de Escola Universitaria de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago, Xavier Castro Pérez, que achegará aos modos de vida cotiá dos galegos na época contemporánea.

venres, 31 out 2008
PROGRAMA

1ª Sesión: 15 Novembro 2008, de 10:30 a 13:30 h
-Introdución: Leitos de follato e la.
-Bibliografía.
-A vida nos fogares labregos.
-Alimentación.
-Indumentaria.
-Vivir tremendo de frío.
-Hixiene.

2ª Sesión: 22 Novembro 2008, de 10:30 a 13:30 h
-Infancia e vellez
-Escola.
-Noivado e amor.
-Matrimonio.
-Ars amandi na vellez: a cencerrada.

3ª Sesión: 29 Novembro 2008, de 10:30 a 13:30 h
-Familia.
-A muller. O mito do matriarcado galego.
-Os traballos e os días (traballo e lecer)
-Estampas sociais. A disolución dun universo de relacións e sím-bolos.
-Calquera tempo pasado foi mellor? A calidade de vida onte e hoxe.


O seminario e gratuíto. O prazo de inscrición remata o 13 de novembro, establecéndose unha rigurosa orde de entrada de matrículas.

Máis información en www.vigo.org/artesania ou en cat@vigo.org