Xesus López salienta que os orzamentos fomentan a cultura de base e reforzan a aposta polos grandes eventos <br />
O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, o Xesus López, salientou este venres que os orzamentos para 2009 permitirán seguir desenvolvendo as dúas liñas de actuación nas que sustenta a xestión das súas áreas. O nacionalista subliñou que posibilitarán apostar pola "política cultural de base, feita para a cidadanía viguesa polos propios vigueses e viguesas", e achegar a Vigo "grandes espectáculos de prestixio internacional".
Xesus Lóopez explicou que os orzamentos crecen un 10,07 por cento respecto aos do 2008, ao chegar aos 8.570.293 euros. O concelleiro nacionalista salientou especialmente o incremento de dúas partidas, como son as destinadas ao Arquivo Pacheco e ás Festas de Vigo. En canto ao Arquivo Pacheco destacou que a súa revitalización "é un dos elementos fundamentais que estamos a traballar no departamento de Cultura", polo que contará cun orzamento de 170.000 euros, cifra que representa un incremento do 183 por cento. Ao respecto lembrou que ata o ano pasado este arquivo contaba cun orzamento de 60.000 euros, polo que coa suba se pretende mellorar o seu funcionamento diario, reforzando as labores de conservación iniciadas hai meses, así como potenciar o traballo dos investigadores no propio arquivo e desenvolver labores de difusión coa organización de exposicións.
No tocante ás Festas de Vigo, Xesus López indicou que o seu orzamento pasa de 706.000 a 760.000 euros, para seguir mellorando o novo diseño de festas iniciado este ano. O concelleiro lembrou que a este orzamento haberá que engadir as achegas doutras administracións e de patrocinadores, como aconteceu este verán.
O edil do BNG especificou que o departamento de Cultura contará cun orzamento de 4.702.772 euros, dos que máis duns 1 millón de euros serán para as subvencións ás asociacións sen ánimo de lucro (aumento do 2,67 por cento) e 1.375.000 se destinarán a investimentos (incremento de máis do 26 por cento). Entre as partidas concretas que mencionou, Xesus López sinalou que a programación de música, teatro e danza terá un orzamento de 400.000 euros; o Festiclown 90.000 euros; o proxecto de rede museítica, 70.000 euros. En canto a investimentos, sinalou que o pago dos terreos para o Pazo de Congresos contará con 541.858 euros; as obras do Auditorio Municipal, que comezaron hoxe, disporán de 450.000 euros; as melloras na Casa Galega de Cultura, 210.000 euros e a retirada e sustitución do escudo da Casa das Artes, 40.000 euros.
"Todas estas partidas enriqueceranse coas achegas de outras administracións", salientou o concelleiro de Cultura, quen sinalou como exemplo a achega de 400.000 euros que aportará a Consellería de Cultura para dotar de equipamento o Auditorio Municipal.
En canto ao departamento de Animación Sociocultural disporá de 2.638.351 euros, dos que a investimentos irán 522.000 euros. Tamén fixo referenza a partidas concretas; así, á Batalla de Flores se destinarán 125.000 euros; á Cabalgata de Reis 210.000 euros; e ás subvencións ás asociacións sen ánimo de lucro, 110.000 euros. Ademais, explicou que o convenio coas bandas de música ascenderá a 170.000 euros e coas corais será de 25.000 euros. "Son dous convenios moi bos, e a idea é seguir subindo, porque se trata de dúas iniciativas que conta cunha alta participación da cidadanía", subliñou Xesus López, quen indicou que a xente nova participa especialmente nas bandas, mentres que a maior o fai sobre todo nas corais. No apartado de convenios indicou que a asociación de comerciantes das Travesas, Aetravi, contará cunha achega de 7.000 euros para organizar a Festa de Fin de Ano. Así mesmo, explicou que o Verbum terá 710.000 euros, e a rede de bibliotecas disporá de 518.783 euros.
Descargar todas as imaxes