Escoitar

Xogos do mundo no Verbum

O museo Verbum – Casa das Palabras propon para as mañás dos domingos do mes de<br /> novembro unha selección de contos do mundo e viaxes polo globo terráqueo. Nos obradoiros<br /> realizaranse algúns xoguetes de diferentes partes do mundo e xogarese con eles para así<br /> coñecer moitos países e lugares que ata agora non podiamos nin imaxinar.

venres, 31 out 2008
1225461963juguetesdelmundo.jpg
Ao longo das cinco sesións, os obradoiros estruturaranse do seguinte xeito:

12.00-12.30: CONTOS DO MUNDO
Contaremos contos de diferentes países do mundo sen orde fixa xa que a estrutura da
actividade fomenta o cambio continuado dun país a outro e dunha cultura a outra.

12.30-13.00: OBRADOIROS
Cada domingo crearemos o noso propio xoguete: peonzas para danzar, bonecos de la, o xogo
das botellas, as indiacas (xogo precursor do tenis ou do bádminton para xogar entre todos) e os
tragabolas (xoguetes moi entretidos).

13.00-13.30: XOGOS DO MUNDO
Visitaremos os diferentes países do mundo e, en cada visita, xogaremos co xoguete propio desa
cultura.

Os obradoiros están destinados a nenos e nenas a partir de catro anos e familias. O prezo é de 1 euro por asistente.
Descargar todas as imaxes