Escoitar

O Xefe do Estado Maior garante a participación de dúas goletas da Armada no Desafio Atlántico 2009

O edil de Xestión Municipal, Carlos L. Font, se reuniu o pasado venres co Almirante Xeral Xefe do Estado Maior, D. Manuel Rebollo, quen garantiu a presencia como mínimo de dúas goletas na saída do Desafío Atlántico 2009, que terá lugar en Vigo en maio de 2009. Se o calendario o permite, o buque Juan Sebastián Elcano tamén participará no evento.

martes, 28 out 2008
1225201754desafio.JPG
O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, viaxou o pasado venres a Madrid para solicitar a presencia da Armada no Desafío Atlántico 2009, que partirá desde Vigo en maio de 2009.

O Almirante Xeral Xefe do Estado Maior, D. Manuel Rebollo, garantiu ao socialista a presenza mínima de dúas goletas no evento, a Arosa e a Graciosa. No encontro se estableceron as pautas de colaboración entre as entidades, tal e como informou o edil este martes en rolda de prensa.

Dependendo do calendario do buque, o Juan Sebastián Elcano podería estar tamén na saída da Atlantic Challenge 2009. De non ser así, o Xefe do Estado Maior asegurou que se enviaría unha fragata da Escola Naval Militar de Marín.

Carlos L. Font mostrouse satisfeito por ter conseguido o "obxectivo marcado", é dicir, a colaboración da Armada no evento. O vindeiro paso será definir todos os aspectos organizativos na viaxe que realizará o Comité Executivo do Desafío en novembro á cidade canadense de Halifax.
Descargar todas as imaxes