Escoitar

O botellón centra o debate do Pleno Xuvenil

Alumnos dos Institutos de Ensino Secundario Álvaro Cunqueiro, Carlos Casares, Castelao, O Castro e República de Uruguai participaron este martes na novena edición do Pleno Xuvenil do Concello de Vigo, que tivo por tema de debate o fenómeno do botellón.

martes, 27 nov 2007
1196173840plenoxuvenil07a.jpg
Entre os mozos e mozas que ocuparon por algo máis dunha hora o lugar dos concelleiros no Salón de Plenos houbo unha coincidencia xeral á hora de situar a causa do botellón no prezo excesivo das bebidas nos pubs e discotecas, polo que a maioría se mostrou favorable á reunión de xente nova en determinados lugares para compartir o seu ocio nocturno.

O debate xirou entón arredor de que se fai no botellón e onde debería ter lugar. Así, en primeiro lugar constatouse que os mozos e mozas relacionan o botellón cun maior ou menor consumo de alcohol, circunstancia que a concelleira María Méndez, que moderou o debate, situou na parte negativa deste fenómeno.

Na parte positiva, de acordo coas conclusións da concelleira, estaría o papel destacado que a maioría dos mozos e mozas lle dan á necesidade dun maior civismo á hora de facer botellón, de xeito que o dereito ao ocio dos que o fan non interfira co dereito ao descanso dos que non.

Neste sentido, ademais da petición xeneralizada de máis papeleiras e contedores alá onde se fai botellón, os mozos e mozas debateron sobre lugares ideais para a súa práctica, sempre co ánimo de conseguir unha maior seguridade, comodidade e respecto aos que descansan, propoñendo, por exemplo, unha lugar destinado especificamente ao botellón, con carpas, liña de transporte público nocturno e suficientemente apartado das vivendas.

O Pleno Xuvenil foi presidido por Beatriz Fernández, do IES O Castro, quen substituíu a alumna María Jesús Taboada no cargo de alcaldesa.
1196173840plenoxuvenil07a.jpg
1196173858plenoxuvenil07todos.jpg
1196173870plenoxuvenil07antes.jpg
1196173882pleno07santi.jpg
1196173892plenoxuvenil07d.jpg
Descargar todas as imaxes