Escoitar

O Pleno apoia a candidatura de Vigo á Universiada de 2013

O Pleno aprobou este luns por unanimidade a proposta da Xunta de Voceiros de apoio á candidatura de Vigo para ser sede da Universiada de Verán do ano 2013. Por este acordo, a Corporación Municipal comprométese a realizar todas as accións necesarias para o desenvolvemento dun proxecto coa máxima solvencia.

luns, 26 nov 2007
1196087897pleno261107.jpg
Segundo a proposta elaborada pola Xunta de Voceiros, este proxecto deberá recoller a vontade unánime de toda a sociedade viguesa, para que a cidade logre o éxito de ser nomeada sede oficial deste acontecemento deportivo.

Ademais, o Pleno acordou solicitar ante a Xunta de Galicia, o Parlamento Galego e a Deputación Provincial de Pontevedra o seu apoio solidario e firme á candidatura de Vigo, así como o compromiso da Delegación do Goberno en Galicia de garantir aqueles servizos da súa competencia, necesarios para a organización da Universiada.

Produtividade

Por outra parte, os tres grupos políticos municipais acordaron autorizar un incremento da cantidade global destinada á partida de produtividade nunha contía máxima de 635.000 euros sobre a dotación existente na actualidade. Tamén foi autorizada a implementación da partida de produtividade correspondente á Escola Municipal de Artes e Oficios, por unha contía máxima de 53.000 euros.
Descargar todas as imaxes