Escoitar
Xerencia de Urbanismo. Licenza de Obras

Edicto

<br />

venres, 23 nov 2007
De conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, sométese a información pública durante o prazo de VINTE DIAS, o expediente número 59998/421, tramitado a instancia de dona Mª Pilar Fernández Caride para substitución de cuberta de edificación existente de planta baixa no camiño Viloura, 24, Castrelos, nunha superficie de 36,60 m2, sen modificación de volume.

EMPRAZAMENTO: PXOU-1993, solo rústico común, dentro do PAU 5 do núcleo 06.18 VILOURA B, sen desenvolver.

USO SOLICITADO: Muíño hidráulico.

OBRAS A EXECUTAR: Substitución de cuberta nunha superficie de 36,60 m2, sen modificación de volume, nunha edificación existente de planta baixa no camiño Viloura, 24, Castrelos.

O expediente poderase consultar na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo, praza de O Rei, nº 4, planta baixa, durante o horario de atención ao público, de 9.00 a 13.30 horas.