Escoitar
Xerencia de Urbanismo. Licenza de Obras

Edicto

<br />

venres, 23 nov 2007
De conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, LOUGA, e artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, sométese a información pública durante o prazo de VINTE DIAS, o expediente número 60226/421, tramitado a instancia de don José Manuel Noceda Fernández, para cambio de cuberta nunha superficie de 67,20 m2, sen modificación de volume; nunha edificación existente de planta baixa no camiño Verdella, 53, Oia.

EMPRAZAMENTO: PXOU-1993: Solo urbanizábel programado do núcleo de nova creacion 12.09 SENRA, dentro dun ámbito de Plan parcial, pendente de desenvolvemento. Xa que logo, segundo o previsto na Disposición Transitoria 1ª da LOUGA, aplicaráselle o disposto para so solo urbanizábel non delimitado que, de conformidade co previsto no artigo 21.4 da LOUGA, rexerase polas disposicións do solo rústico en tanto non se aprobe o correspondente plan de sectorización.

USO SOLICITADO: Vivenda unifamiliar.

OBRAS A EXECUTAR: Cambio de cuberta nunha superficie de 67,20 m2, sen modificación de volume, nunha edificación existente de planta baixa no camiño Verdella, 53, Oia.

O expediente poderase consultar na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo, praza de O Rei, nº 4, planta baixa, durante o horario de atención ao público, de 9.00 a 13.30 horas.