O alcalde reúnese co presidente do Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas
O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este xoves co presidente do Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas, Manuel Vidal, para tratar asuntos de común interese, como a transferencia do parque do Goberno central á Xunta de Galicia e a elaboración dun plan de evacuación de emerxencia para as Cíes.
![1195740584illas221107.jpg 1195740584illas221107.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1195740584illas221107.jpg)
No encontro, Caballero e Vidal revisaron a situación do proceso de transferencia do Parque Nacional por parte do Goberno central á Xunta de Galicia, que culminará o próximo 1 de xaneiro e virá acompañado, segundo adiantou o alcalde, dunha probable reforma do propio Padroado.
Así mesmo, Abel Caballero indicou que o Concello potenciará as medidas de recollida selectiva de residuos sólidos nas Cíes, através dun proxecto que se está desenvolvendo nestes momentos.
Ademais, o alcalde anunciou que as Illas Cíes contarán cun plan de evacuación de emerxencia "antes do próximo verán". Segundo sinalou Abel Caballero, o Concello está elaborando este plan actualmente.
Descargar todas as imaxes