O Concello colabora nun proxecto para implicar os pais na educación dos seus fillos
Dotar os pais dunha formación adicional con distintos recursos e estratexias que lles permitan comprometerse de xeito máis eficaz na educación dos seus fillos e fillas é o obxectivo do proxecto "Formación para familias 07-08", no que colaboran o Servizo de Educación do Concello, FOANPAS e a Asociación Promoción Social 02.
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, definiu este venres a iniciativa como un "proxecto global" para conseguir "aumentar a participación das familias no centro educativo". Isto buscarase através das seguintes actividades:
Xestión participativa para ANPAS
OBXECTIVOS: Mellorar a organización e funcionamentos das asociacións, optimizar os seus recursos e posibilitar unha xestión participativa eficaz.
CONTIDOS: Xestión asociativa (aspectos legais, funcionamento interno, ferramentas de xestión, administración) e organización de actividades (programación, avaliación, busca de recursos e xestión).
DESTINATARIOS: Preferiblemente nais e pais de ANPAS (25 participantes como máximo).
DURACIÓN: 20 horas e catro sesións de cinco.
DATAS: Sábados 15 de decembro, 19 de xaneiro, 9 de febreiro e 8 de marzo, de 09.00 a 14.00 horas.
LUGAR: Instituto Municipal de Educación (IME).
Obradoiro de habilidades para a vida
OBXECTIVOS: Desenvolver competencia social, achegar ferramentas de comunicación, desenvolver estratexias para mellorar a autoestima.
CONTIDOS: Escoitar e entender, identificación de situacións difíciles, educar en coherencia, promover o autocoidado, comunicación, indentificar sentimentos.
DESTINATARIOS: Todas as familias, en especial as que teñen nenos ou nenas en idade escolar.
DURACIÓN: Cinco horas.
DATAS: Sábado 5 de abril, de 09.00 a 14.00 horas.

Conversa: o ocio e o xoguete
OBXECTIVOS: Apostar por un concepto positivo do lecer e aprender a valorar o ocio como desenvolvemento persoal e social.
CONTIDOS: O ocio e o tempo libre, o ocio e a realización persoal, o ocio na familia e na escola, o ocio na casa e na rúa, planificación do ocio e o xoguete educativo e social.
DESTINATARIOS: Todas as persoas interesadas no tema.
DURACIÓN: Dúas horas.
DATAS: Xoves 29 de novembro de 19.00 a 21.00 horas.

Seminario de Técnicas de Resolución de Conflitos
OBXECTIVOS: Promocionar relacións humanas adecuadas, ensinar o manexo de situacións conflitivas e mellorar a comunicación e expresión de sentimentos.
CONTIDOS: Compoñentes do conflito, modos de abordar un conflito, a negociación, a mediación, a resolución creativa de problemas.
DESTINATARIOS: Libre, especialmente dirixido a pais e nais con fillos e fillas na ESO.
DURACIÓN: 10 horas en cinco sesións de dúas.
DATAS: Xoves 20 de decembro, 17 e 31 de xaneiro e 7 e 21 de febreiro, de 19.00 a 21.00 horas.

Descargar todas as imaxes