venres, 11 mai 2007
Despois de percorrer con grande éxito varias prazas e rúas da cidade, o vindeiro sábado 12 de maio, o programa de animación de rúa da Concellería de Xuventude "Emprázate" ocupará a rúa Peonil do Calvario para transformala nun gran circo cheo de actividades que farán as ledicias do público de todas as idades.
xoves, 10 mai 2007
A Concellería de Xuventude convida a todas as mozas e mozos a participar na gran variedade de actividades que nas Tardes e Noites Vivas teñen á súa disposición en diferentes puntos da cidade.
luns, 7 mai 2007
A mocidade de Vigo conta desde hoxe cun novo espazo chamado "Punto Xove" situado na rúa López de Neira,27. O servizo da Consellería de Xuventude ofrecerá asesoramento e información sobre todos aqueles temas de interese para a mocidade.
venres, 4 mai 2007
A Praza da Princesa converterase, o sábado 5 de maio, nun gran esceario circense con actividades dirixidas a todos os públicos. O espectáculo, patrocinado pola Concellería de Xuventude de Vigo, comezará ás 17:00h. coa realización de obradoiros de zancos, maxia, bolas e diábolos. Ás 20:00h. iniciarase o gran cabaret circense, onde actuarán varios artistas de diferentes especialidades do novo circo.
venres, 4 mai 2007
Os mozos e mozas de Vigo terán a oportunidade, o venres e sábado, de poder aprender e practicar diferentes modalidades de danzas e bailes de forma totalmente gratuíta. Algunhas destas artes como capoeira, danza do ventre, break dance, baile galego, bachata e baile moderno poderanse atopar en diferentes puntos da cidade dentro do programa da Concellería de Xuventude Tardes e Noites Vivas.
venres, 4 mai 2007
O sábado 4 e domingo 5 de maio, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), de 17:00 a 20:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar unha programación dirixida á xente moza.
venres, 27 abr 2007
O sábado 28, a Praza da Independencia transformarase nun gran circo con actividades dirixidas a todos os públicos.
venres, 27 abr 2007
Nas noites do venres e do sábado, o programa Tardes e Noites Vivas da Concellería de Xuventude oferta unha morea de actividades nas que poder participar de forma gratuíta.
venres, 20 abr 2007
O programa de animación nas rúas "Emprázate", organizado pola Concellería de Xuventude e dirixido a todos os públicos, comeza sábado pola tarde na rúa do Príncipe con obradoiros e un cabaret circense.
venres, 20 abr 2007
El programa de animación en las calles "Emprázate", organizado por la Concejalía de Juventud y dirigido a todos los públicos, comienza mañana sábado por la tarde en la calle del Príncipe con talleres y un cabaret circense.