Escoitar

Batalla de galos na "Sala Ábrete" e animación de rúa "Emprázate"

O sábado 19 de maio, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), de 16:30 a 18:30 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar unha competición de Hip-Hop Freestyle presentada por L. Csar e a actuación, como invitado, de DJ Ray.

venres, 18 mai 2007
117947671555.jpeg
Os participantes inscritos para esta batalla son: Chico Sumo, El Mere, Thor, Kafre, Valda, Weil, Baños, Big Brum, Zone, Bruxo, Pau, Tuko, Lipe, Mk, Frank e Gordo.

Un xurado, conformado por cinco integrantes, valorarán sobre todo o ritmo, enxeño, estilo e a capacidade de improvisación dos participantes.

A entrada para esta actividade será gratuíta e, ademais, celebraranse sorteos entre os asistentes.

"Sala Ábrete" é un Espazo de Ocio Alternativo da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo en colaboración coa SalaA!, onde mozos e mozas poderán pasalo ben e abrirse a novas experiencias de ocio saudable.

Doble sesión de "Emprázate"

A fin de semana poderemos deleitarnos cunha dobre sesión do programa de animación de rúa "Emprázate" patrocinado pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo.

Así, pois, o sábado 19 "Emprázate" estará en dous puntos da cidade diferentes e tamén se realizarán actividades o domingo 20. A programación prevista para estes dous días é a seguinte:

.-Sábado 19 :
De 17:00 – 19:00 h. (PASEO DE BOUZAS)
Obradoiro de percusión
Obradoiro de monociclo
Obradoiro de mazas
Obradoiro de contact
Obradoiro de diábolo
Obradoiro de cariocas e swing
Obradoiro de globoflexia
De 17:00 a 20:00 h. (PRAZA DA INDEPENDENCIA)
Xogo de cidade dinámico, participativo, interxeneracional e aberto a todos os públicos

.-Domingo 20 :
De 12:00 a 14:00 h. (PRAZA DA INDEPENDENCIA)
Xogo de cidade dinámico, participativo, interxeneracional e aberto a todos os públicos

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806
Descargar todas as imaxes