Nova edición do ciclo de música de xoves intérpretes "Xeración 2000+7"
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou a sexta edición do ciclo musical Xeración 2000+7, que dirixe Roberto Relova e que comeza o día 17 de maio. Este ciclo realízase co obxectivo de dar a coñecer o traballo que levan a cabo os nosos músicos máis noveis, dende os conservatorios, escolas de música, as bandas populares de música, orquestras, coros e outras formacións musicais, e que demostran o enorme nivel dos músicos galegos.
O ciclo "Xeración 2000+7" comprende 7 concertos , seis deles terán lugar no auditorio do Conservatorio de Música ás 20:30 horas con entrada libre ata completar o aforo e un na Casa das Artes ás 21 horas con entrada mediante invitación que se recollerá no propio recinto tres horas antes.
O concelleiro manifestou que "Vigo é a cidade de Galicia que dunha forma decidida ten apostado, dende a Administración municipal, polo apoio aos músicos galegos a través das súas programacións culturais propias: Are-More, Imaxina Sons, Xeración 2000+, Música Sacra... "
Nesta ocasión, ademais, aproveitase este ciclo para celebrar os cincuenta anos de existencia do Conservatorio Superior de Música de Vigo.O concerto inaugural que ofrecerá o grupo de folk do conservatorio será o día 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. O público poderá asistir no auditorio "Martín Codax" a catro concertos máis, todos eles de carácter gratuíto para achegar o fenómeno da creación musical a todos os públicos.
Cómpre salientar, por outro lado, o concerto que se desenvolverá na Casa das Artes a cargo do grupo Ensemble Poulenc, que, aproveitando a exposición organizada pola Fundación Caixa Galicia de Tamara de Lempicka, nos achegará as obras do compositor francés Francisc Poulenc, contemporáneo da artista no París dos anos trinta e corenta.
Descargar todas as imaxes