Seminario sobre "Os saberes tradicionais dos galegos"
Patrimonio Histórico organiza a través do Centro de Artesanía Tradicional –CAT- o II Seminario Galego de Etnografía "Os saberes tradicionais dos galegos" que se celebrará os días 2,9 e 16 de xuño no auditorio do Verbum e que ven de presentar o concelleiro Ignacio López Chaves.
O seminario será impartido polo doutor de Antropoloxía Social, José Antonio Fidalgo Santamariña, quen achegará os saberes dos nosos devanceiros a través dos seus oficios e habilidades tradicionais como dos oleiros, ferreiros , zapateiros, afiadores , canteiros, alambiqueiros, seitureiros e tamén as xergas especiais dos oficios tradicionais.
O Seminario é gratuíto e o prazo de inscrición remata o día 30 de maio.
Máis información nos teléfonos 986 227 424/ 986 220 758 e na web www.vigo.org/artesania
CAT
O CAT, Centro de Artesanía Tradicional dependente da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, leva desenvolvendo dende a súa creación en 1999 un ambicioso programa de protección, recuperación e difusión do patrimonio etnográfico, atendendo con especial atención á artesanía tradicional. Unha das súas prioridades é a de achegar a toda a cidadanía os valores deste patrimonio, o cal, en moitos casos, está a piques de desaparecer.
Descargar todas as imaxes