Escoitar

Primeiros encontros profesionais sobre prevención e intervención na infancia

O servizo de infancia e familia da concellería de Benestar Social organiza os "I Encontros profesionais sobre prevención e intervención na infancia", que se celebra o martes 15 de maio no CITIC e que ten como finalidade intercambiar experiencias, propostas e información que redunden no benestar dos menores.

luns, 14 mai 2007
Á sesión de traballo están invitados orientadores/as de educación primaria dos centros educativos públicos e concertados da cidade, profesionais sanitarios de atención primaria e especializada e profesionais dos servizos sociais, específicamente do servizo de infancia e familia.

Os encontros pretenden ser unha posta en común do traballo desenvolvido polos diferentes profesionais que traballan no ámbito dos menores para analizar as dificultades e as necesidades que atopan á hora de abordar diferentes problemáticas nas que están involucrados distintos profesionais cun obxectivo común: fomentar e promover o benestar da infancia e a adolescencia.

Conseguir o benestar infantil non é só tarea dos pais, é tamén o resultado dos esforzos, responsabilidades e recursos coordinados existentes na nosa comunidade, para poder ofertar un desenvolvemento integral a todos os nenos e nenas.

Máis información