Escoitar

Coia conta cun novo xardín

A alcaldesa visitou o xardín do "Arco Iris", obsequio da cidade portuguesa de Ponte da Lima, emprazado no barrio de Coia e que reproduce as cores do arco iris e representa a explosión da primaveira.

venres, 11 mai 2007
1178888830Pict1047.jpg
Visita da alcaldesa ao xardín
O xardín do "Arco Iris" foi o gañador da primeira edición do "Festival Internacional de Xardíns" celebrado no ano 2005 en Ponte da Lima. A localidade portuguesa obsequiou a Vigo co deseño deste premiado xardín, que agora se reproduce diante da Igrexa do Rocío, no barrio de Coia, onde o Concello está a executar diversas actuacións de humanización e mellora dos equipamentos da parroquia cun orzamento de 18.5 millóns de euros.

O xardín do "Arco Iris, que foi deseñado por Francisco Caldeira e Elsa Matos, reproduce as cores do arco iris e representa a explosión da primaveira. Ten unha extensión de 250 m2 e consta de diversas plantacións, como Agerato azul, Berbena rosa, Begonias brancas, rosas e vermellas, Surfinias azuis e Tagetes amarelos e laranxas.
1178888830Pict1047.jpg
1178888909Pict1045.jpg
Descargar todas as imaxes