Escoitar

Mellora no transporte urbano de viaxeiros

A concellería de Mobilidade e Seguridade reuniuse esta semana con representantes da Federación de AA.VV para estudiar propostas de mellora do servizo de transporte urbano de zonas como Fragoselo, Casás , Navia e ampliar en 15 minutos o billetes de transbordo.

venres, 11 mai 2007
1178890670autobus.jpg
Deste xeito o Concello deu traslado a Vitrasa as modificacións consensuadas que se establecen do seguinte modo:
L29: esta liña , que actualmente dispón dunha frecuencia de 60 minutos, alternando o seu percorrido desde Paza de España a Fragoselo e Casás, modificaríase dende o día 21 de maio ampliando a frecuencia do servizo a 30 minutos en días laborais o que supón unha frecuencia regular en Casás e Fragoselo de 60 minutos aproximadamente. Do mesmo xeito, darase unha viaxe máis os sábados á 15:40 dende Fragoselo a Praza de España, que a día de hoxe non se estaba a realizar.

C5: dende o próximo 4 de xuño entrará en funcionamento, en días laborais, a ampliación da C% ( rúa Estrada) dende Coia ata o novo polígono de Navia, cunha frecuencia de 30 minutos durante todo o día. Así duplicase o servizo cunha liña directa dende Navia ata o centro de Vigo pasando a dispoñer se servizo de transporte cada 15 minutos.

L20: esta liña prestará servizo cada 60 minutos á zona do Freixo ampliando a frecuencia regular do servizo.

Por outra banda, a Concellería de Mobilidade e Seguridade proporá á Xunta de Goberno a ampliación en 15 minutos máis o tempo do billete de transbordo que na actualidade é dunha hora. Con esta medida, fomentase o uso do transporte público facendo máis operativo o cambio de vehículo e o enlace entre as distintas liñas.
Descargar todas as imaxes