Escoitar
Turismo

Convocatoria de 12 bolsas de formación para prácticas nas oficinas de Información e Servizos Túrísticos

<br />

venres, 11 mai 2007
Comunícaselles a todas as persoas interesadas que as bases da convocatoria de doce bolsas para a realización de prácticas nas oficinas e servizos turísticos están no servizo de Información do Concello de Vigo a disposición dos/as interesados/as.

As bases mencionadas constitúen unha axuda pecuniaria para a obtención da debida formación dos beneficiarios/as e, en ningún caso, supoñen ningún tipo de relación laboral ou contractual co Concello.

REQUISITOS
Poderán optar ás bolsas
As persoas diplomadas en empresas e actividades turísticas.
Os/as técnicos/as superiores en información e comercialización turística.
Os estudantes de 3º curso da diplomatura en empresas e actividades turísticas, que teñan aprobado todo o curso 1º e 2º.

PERÍODO DE DURACIÓN DA BOLSA
Do 15 de xuño de 2007 ó 15 de outubro de 2007.

A dotación económica da totalidade da bolsa será de 3000 euros polos catro meses (o importe da axuda será obxecto das correspondientes retencións).

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo dentro dos 10 días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no BOP. Poderán remitirse, así mesmo, ó Rexistro Xeral no prazo antes indicado, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude, currículum vitae e todos e cada un dos documentos esixidos no punto 10º das bases da convocatoria. A comisión de avaliación non someterá a estudio aqueles méritos que non estean debidamente acreditados.

A decisión da comisión de avaliación publicarase no taboleiro de edictos do Concello.

Para máis información. 986-810199/986-810216.