O Concello celebra o Día das Letras con lecturas públicas da obra de María Mariño
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello sómase á celebración do Día das Letras Galegas organizando actos de lectura pública da obra de María Mariño, de 11.00 a 13.00 horas na farola de Urzaiz, a praza da Independencia e na zona peonil fronte ao mercado do Calvario.
Calquera cidadán poderá participar nestes actos de lectura pública dedicados á escritora homenaxeada neste Día das Letras Galegas. Como agasallo, recibirán un libro dun autor galego.
Lectura no Verbum
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Verbum–Casa das Palabras invita a tódos os seus visitantes a recitar un poema de María Mariño, que será gravado en vídeo e pasará a formar parte do arquivo sonoro do museo. A lectura pública no Verbum realizarase dentro do horario do museo, de 10.00 a 19.00 horas.
Ademais, para celebrar o Día das Letras, mañá xoves a entrada ao Verbum será gratuíta para todos os visitantes. A entrada tamén será gratuíta para todos os visitantes o venres 18, en conmemoración do Día Internacional dos Museos.
Descargar todas as imaxes