Escoitar

O Concello ultima o proxecto do centro socio-cultural da "Praza da Miñoca"

<br /> A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, mantivo o martes unha xuntanza cos dirixentes da Asociación de Veciños "Praza da Miñoca", na que se presentou un avance do proxecto para a construcción do novo local socio cultural.

mércores, 16 mai 2007
O proxecto exposto, contempla a construcción dun edificio de dúas prantas, cunha superficie total de 800 metros cuadrados. A súa distribución albergará catro aulas acondicionadas para actividades formativas con equipos informáticos, unha biblioteca, unha ludotéca, sala de exposicións, un salón para usos múltiples con aforo para máis de medio centenar de persoas e espacios de uso común, despachos para reunións; así como un vestuario deportivo con duchas que comunicará co exterior, onde na actualidade, se está a construir unha pista polideportiva e unha pista de petanca.

A proposta presentada polo Concello foi ben acollida polos representantes veciñais. Unha vez que os técnicos municipais redacten o proxecto definitivo, poderá iniciarse a tramitación do expediente, que se fará presumiblemente despois do verán.

Este proxecto, que se enmárca dentro da política de fomento e dinamización do movemento asociativo veciñal, que está a seguir o grupo de goberno do Concello de Vigo, a través da Concellería de Participación Cidadá. permite dispoñer os cidadáns do entorno da Praza da Miñoca dun espacio axeitado onde poden desenvolver multitude de actividades de carácter cultural, social, deportivo, lúdico e educativo.