"Quiñones de León" e o MARCO celebran o Día Internacional dos Museos
Co gallo do Día Internacional dos Museos, que se celebra o venres 18 de maio, o MARCO pon en marcha un conxunto de actividades que comezan no festivo 17, Día das Letras Galegas, e que terán lugar durante catro xornadas de portas abertas ata o domingo 20. O Museo "Quiñones de León" sumarase á celebración cunha xornada de visitas guiadas o mesmo venres 18.
O lema elixido polo Consello Internacional de Museos para 2007 é "Museos e patrimonio universal". Con isto quérese subliñar a necesidade de preservar e promover unha riqueza patrimonial que é responsabilidade de todos.
O MARCO súmase unha vez máis a esta iniciativa e invita a toda a cidadanía a coñecer a historia do edificio que o acolle, a visitar as súas exposicións, os seus espazos e servizos, e a participar nas actividades programadas para estes días, promovendo a idea do museo como foco transmisor de creacións, ideas e experiencias que son parte do patrimonio universal, sexa este histórico, documental, visual ou inmaterial. A entrada será gratuíta e as actividades están dirixidas a públicos de todas as idades.
"En terra de ninguén"
Taller de creación colectiva para todos os públicos, con pancartas e carteis relacionados co lema do Patrimonio Universal, arredor da idea dun territorio libre con paredes de papel.
- sábado 19 de maio
- Lugar: zona peonil en torno ao MARCO
- Horario: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.
"Curtas’06. Promoción das curtametraxes galegas"
Proxección de seis curtametraxes seleccionadas polo Consorcio Audiovisual de Galicia, no Día das Letras Galegas.
- xoves 17 de maio
- Lugar: salón de actos
- Horario: dobre pase, ás 18.00 e ás 20.00 horas.
"Memoria", de Blanca Arrieta / Ciento cincuenta cuerdas
Espectáculo de danza arredor da exposición "Documentos. A memoria do futuro".
- sábado 19 e domingo 20 de maio, ás 20.00 horas
- Lugar: salas de exposición do primeiro andar
- Dirección: Blanca Arrieta.
"Fronteiras para sumar" + "Equipo de viaxe"
Obradoiros para familias, inspirados na exposición "Entre fronteiras".
- xoves 17, venres 18 e domingo 20 de maio
- Lugar: Laboratorio das Artes
- Horario: xoves e domingo, de 12.00 a 14.00 horas; venres de 18.00 a 20.00 horas.
Visións do pasado / Visións do presente
Visitas guiadas que combinan a historia do edificio do MARCO como cárcere e xulgados e o seu novo uso como centro de arte contemporánea.
- xoves 17, venres 18, sábado 19 e domingo 20 de maio
- Lugar: salas de exposición da planta baixa
- Horario: ás 12.00 e ás 18.00 horas.
Deseña a túa pulseira de Amigo/a dos Museos
Unha versión persoal da pulseira de tea deseñada pola Federación Española de Amigos dos Museos para o Día Internacional dos Museos.
- xoves 17, sábado 19 e domingo 20 de maio
- Lugar: vestíbulo principal
- Horario: xoves, sábado e domingo de 11.30 a 14.30 horas.
Mesa informativa da Agrupación de Amigos do MARCO
Ademais da información sobre obxectivos e actividades da Agrupación, todos os visitantes recibirán como agasallo unha pulseira de tea deseñada pola Federación Española de Amigos de Museos.

- Horario: xoves e sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas; domingo de 11.00 a 14.00 horas.
Visitas guiadas á Biblioteca/Centro de Documentación
O persoal da biblioteca estará a disposición dos visitantes fóra do horario habitual de apertura, para informalos sobre os características e funcións deste Centro de Documentación.
- xoves 17, venres 18 e sábado 19 de maio
- Lugar: Biblioteca/Centro de Documentación (1º andar)
- Horario: xoves e sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas; venres de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
Pazo de Castrelos
O mesmo venres 18 de maio, o Museo "Quiñones de León" celebra o Día Internacional dos Museos desde a mañá con visitas guiadas para colexios, co fin de que os escolares coñezan mellor o Pazo de Castrelos. Pola tarde, as visitas guiadas continuarán para o público xeral ás 17.00, 18.00 e 19.00 horas. Segundo explicou hoxe mércores o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, estas visitas estarán ambientadas na época barroca galega, para "recuperar a cultura dos pazos". A xornada finalizará cun concerto de música medieval a cargo do grupo Sete Saias, que dará comezo ás 21.30 horas.