Escoitar

Semana da Internet e as Letras Galegas no Castro

Co gallo da celebración do 17 de maio, día da Internet e das Letras Galegas, o programa de lecer alternativo "Súbete ó Castro", da Concellería de Xuventude, organiza unha serie de actividades que se desenvolverán ao longo da semana do 14 a 19 de maio.

mércores, 16 mai 2007
Lanzarase un "Blog Comunitario", co obxecto de facilitar o acceso da mocidade a esta ferramenta para crear unha canle aberta á participación da xente moza.

Con "Fagamos Galipedia" achegarase ás mozas e mozos á enciclopedia aberta en galego, coa redacción de contidos propios.

Promocionarase o uso do noso idioma facilitando unha serie de ferramentas informáticas, destacadamente de software libre, traducidas ao galego, no taller "O teu PC en galego".

Haberá tempo para os videoxogos con "Glest: estratexia para PC en galego", un xogo de estratexia de dinámica semellante a títulos tan populares como o Warcraft, cos seus menús traducidos ao galego e que ademáis é de software libre.

Así mesmo realizarase un "Collage colectivo sobre a internet".