Escoitar

O Concello achega 87 mil euros para actividades veciñais

A alcaldesa, Corina Porro, e a presidenta de Federación de Veciños "Eduardo Chao", Elena González, asinaron hoxe mércores un convenio de colaboración co fin de desenvolver actuacións de carácter organizativo e sociocomunitario. O convenio conta cunha achega económica de 87.691 euros, na que participan as concellerías de Asuntos Sociais, Participación Cidadá e Promoción Económica e Desenvolvemento Local.

mércores, 16 mai 2007
1179315701convenio160507.jpg
A Concellería de Participación Cidadá asume un gasto de 54.091 euros para financiar actuacións de gastos xerais de administración e xestión, festa veciñal, asesoría xurídica , xornadas, formación e plan de acción.

Festas e Animación Sociocultural asume un gasto de 24.000 euros co fin de desenvolver o programa MOVEVIGO, que ten como obxectivo crear un circuíto cultural activo e dinámico que fomente a cultura de base e a participación.

A Concellería de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, a través do Servizo de Muller, destinará 9.600 euros para o Punto Informa para mulleres, que se instala nos locais da propia federación de veciños.

Ademais deste convenio, a Concellería de Servizos Sociais comezou a traballar coa Federación de Veciños no programa "Serenos", en colaboración con grupo El Imán, cunha contribución municipal de 15.000 euros, e de 12.000 euros para o programa "Mañás Veciñais" de envellecemento saudable, que se realiza en colaboración coas asociacións de Coia e Lavadores.
Descargar todas as imaxes