Escoitar

Máis de 2.400 persoas asistiron aos cursos de novas tecnoloxías

A Concellería de Participación Cidadá ven desenvolvendo programas de accións formativas dirixidos a nenos, adultos e maiores. Trátase de inxerir o interese e o coñecemento do uso das novas tecnoloxías na veciñanza, coma un método de utilidade nas novas formas de comunicación na sociedade actual.

venres, 18 mai 2007
A formación que se ten desenvolvido nos últimos catros anos, supon unha posta en coñecemento do uso dos ordenadores, os programas informáticos, e a rede internet, a través dunha formación deseñada para conseguir un primeiro e rápido entendemento do manexo dos equipos informáticos entre personas sen coñecementos básicos.

A programación de cursos teñen lugar nos locais dos Centros Cívicos Municipais do Casco Vello, Coruxo, Saians e Teis o longo do ano, e inclúe dunha banda cursos de Tratamento de Textos, Folla de Cálculo e Presentacións da suite ofimática gratuíta Open Office e, doutra da iniciación ao uso de internet e da programación básica de páxinas web

Esta formación é gratuita e o requisito para formar parte do alumnado consiste en facer unha solicitude nos Centros onde teñen lugar as clases ou chamando o ao teléfono de información 010 desta Concellería.

Desde o ano 2003 a programación dos cursos achegou aos veciños, un aprendizaxe da informática, que incluíu a realización de tarefas como son distinguir e utilizar os componentes e equipos periféricos informáticos, facer xestións cotidiás a traves da rede internet,: búsqueda de informacións, coñecer as páxinas web e os servizos de administración electrónica que as distintas administracións, poñen a disposición da cidadanía, e moi especialmente a do Concello www.vigo.org.

No momento actual a Concellería de Participación Cidadá, no seu exercicio social de eliminar no posible a fenda dixital, ten o obxectivo de ter unha veciñanza máis preto das ventaxas das tecnoloxías e cada vez máis coñecedora da utilidade dos seus recursos e da necesidade de entendelos, e por elo promoveu estas accións formativas, diversificandoa hacia colectivos en función da súa especifidade, demanda e grao de coñecemento, recibindo a formación algúns dos colectivos con maior exclusión no uso das TIC como son as mulleres e os maiores e respecto dos nenos e nenas formalos na potencialidade de internet como apoio as súas tarefas extraescolares, etc.

O número de cursos impartidos até a data e de 160 relacionados coas aplicacións ofimáticas de software libre (OpenOffice) e do uso de internet, cunha media de duración o redor dunhas 3 horas durante unha media de entre 7 e 10 días e con monitores cunha amplia experiencia.

O número de persoas que asistiron aos curso nos últimos catro anos superou os 2.400, tendo en conta a necesidade de facer grupos reducidos, cunha técnica de aprendizaxe pormenoriza e descriptiva que permite o alumno asimilar aproveitadamente as explicacións e as prácticas, dunha formación deseñada para unha posta en coñecemento, nuns niveis básicos de iniciación e perfeccionamento..

O obxectivo desta formación , que dexesamos potenciar; incrementando o número de cursos por ano, responde ao interese na consecución como entidade de Goberno local estamos a dirixir artellando os medios para resolve las dificultades que os veciños poidan estar atopando na hora de desenvolverse con as novas tecnoloxías e perder o "medo" a traballar con ordenadores.