O Concello activa unha páxina web de muller e deporte
A concellería de Muller presentou a 'Guía de boas prácticas deportivas igualitarias' e a páxina web www.vigo.org/mulleredeporte/ o que supón un material de sensibilización e información á cidadanía co que se pretende promover a participación e o recoñecemento das nenas e mulleres nas distintas prácticas deportivas.
A concelleira de Muller, Lucía Molares, lembrou no acto de presentación que o Concello de Vigo propón unha serie de iniciativas, recollidas no 3º Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres, co obxectivo de establecer accións concretas que incidan na eliminación de estereotipos relacionados co xénero no ámbito deportivo: apoio ás entidades deportivas que promovan a participación das mulleres en deportes masculinizados, mellora das infraestructuras deportivas para facilitar a participación de mulleres no deporte, primacía na adxudicación de subvencións daquelas entidades deportivas que leven a cabo medidas de acción positiva e accións de sensibilización e información .
Tanto na páxina web como na guía recollese información sobre o deporte, os falsos mitos e as realidades do deporte e as mulleres, os compromisos do Concello nesta materia, axudas e subvencións, calendario de competicións, así como un foro co que se pretende poñer en contacto as deportistas e clubs.
Descargar todas as imaxes