Reunión de máis de 400 palilleiras na praza do Rei
A praza do Rei acolle mañá sábado o Encontro de Palilleiras organizado pola Asociación de Palillerias "Arte e Filigrana" co patrocinio da Alcaldía e as Concellerías de Cultura e Turismo. No acto participarán máis de catrocentas artesás de todas Galicia.
O Encontro de Palilleiras comezará ás 10.00 horas e ao longo da mañá contará coa actuación da Escola Municipal de Danza, así como cunha exposición de traballos realizados polas artesás e un sorteo de premios. En representación do Concello asistirá o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves.
Descargar todas as imaxes