Escoitar
Xuventude

Bases de subvencións para o fomento de actividades xuvenís ano 2007

venres, 18 mai 2007
Primeiro.-
En virtude do establecido no artº 28 da Lei de Bases de Réxime Local e disposicións concordantes, a Concellería de Xuventude do Concello de Vigo convoca a concesión de subvencións en réxime de concurrencia competitiva destinadas o fomento de actividades xuvenís para o ano 2007.

Segundo.-
A contía da presente convocatoria ascende a 12.000 € ( "Subvencións a asociacións"), do programa orzamentario de Xuventude.

Terceiro.-
O prazo para a presentación de solicitudes será ata o día 13 de xuño inclusive_. Data de publicación no BOP: 14 de maio de 2007.

Cuarto.-
As solicitudes presentaranse en instancia normalizada e adxunta nas bases da convocatoria, no anexo 1 e, se acompañará da documentación requerida nas bases destas subvencións.

Quinto.-
O prazo para a execución das actividades subvencionables será ata o 31 de decembro de 2007. O prazo de xustificación das subvencións concedidas será ata o 30 de xaneiro de 2008.

Máis información e bases: Casa da Xuventude. Lopez Mora, 31. Vigo/Punto Xove: Lopez de Neira, 27. Vigo/ www.vigo.org