O Castro sen fíos

venres, 10 nov 2006

O programa de ocio xuvenil "Súbete ao Castro" da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo renova a súa programación de actividades para os meses de novembro e decembro.

Unha alternativa para os xoves: tardes e noites vivas

xoves, 9 nov 2006

Nas fins de semana, os mozos e mozas de Vigo teñen unha alternativa de ocio para poder divertirse realizando unha morea de actividades gratuítas no programa de ocio da concellería de Xuventude "Tardes e Noites Vivas",dende as 17:00 horas da tarde e ata a 1:30 da madrugada do venres e do sábado.

Música e combates teatrais na Sala A!

xoves, 9 nov 2006

O venres, día 10, a SalaA! centra ás 17 horas un novo encontro dos combates teatrais da LIXA ( Liga de Improvisación de Xóves Afeccionados)e ás 22:30 h actuarán en directo os grupos EL YUYO, EMMA PLACER e ESENIA, finalistas do concurso MusicaliA 2006 da Concellería de Xuventude de Vigo.

Programación de Xuventude na SalaA!

venres, 3 nov 2006

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, en colaboración coa SalaA! pon en funcionamento unha nova programación dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 18 anos no Espazo de Ocio Alternativo "Sala Ábrete"

Fin de semana de circus para mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, na Sala A!

venres, 20 out 2006

O sábado día 21 e o domingo día 22, de 18:00 a 21:30 horas, a Sala A (Avda. Beiramar, 113). terá un ambiente circense para celebrar a fin de semana Circus. Así pois, ademais da súa programación de música e baile, dará cabida a unha programación alternativa onde varios monitores farán demostracións en directo de diferentes artes circenses e tratarán de ensinarlle algunhas delas aos/ás asistentes.