Programa de animación nas rúas "Emprázate"
A concellería de Xuventude, Lucía Molares, ven de presentar un novo programa de dinamización de rúas dirixido a todos os públicos, baixo o nome de Emprázate. Este programa terá lugar na rúa do Príncipe, praza da Independencia, praza da Princesa, Calvario, paseo de Bouzas e praza do Emigrante os sábados, do 21 de abril ao 26 de maio, e o domingo 20 de maio .
Emprázate contará con diferentes actividades que pretenden, ademais de divertir e dinamizar as nosas prazas e rúas, achegar aos cidadáns a novas alternativas de ocio coma a arte do novo circo, a través de espectáculos aos que normalmente non se ten acceso, e fomentar a participación interxeneracional nos espazos públicos da cidade.
As actividades previstas dentro do programa Emprázate,son:
-Pasarrúas por diferentes espazos da cidade, que contarán coa presenza de zancudos, pallasos, monociclistas e demais personaxes do mundo do circo que convidarán aos espectadores e transeúntes a participar nun mundo de diversión e fantasía.
-Cabarets circenses: espectáculos curtos de variedades nos que se amosarán as habilidades dalgúns artistas en diferentes especialidades.
-Obradoiros de iniciación e perfeccionamento de varias modalidades de arte circense: monociclo, zancos, diábolo, mazas, maxia, clown, etc.
-Xogos interxeneracionais de cidade, onde mozos e mozas, nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas, etc. poderán compartir un espazo realizando unha actividade na que todos e todas se divirtan e desenvolvan a súa imaxinación e creatividade.
Para o desenvolvemento deste proxecto, a Concellería de Xuventude conta coa colaboración da Asociación de Malabares e Artes Circenses Malandraxe, entidade formada por un número importante de mozos e mozas da cidade relacionados co mundo do espectáculo, sobre todo no eido dos malabares, o circo, a maxia, animación de rúas, etc.
Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806 www.xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes