Escoitar

Festival de música emerxente "Pelexando á contra" dentro do espazo Sala Ábrete

O sábado 14 de abril, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), a partires das 17:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar un festival de música emerxente denominado "Pelexando á contra" no que participarán músicos e formacións musicais da cidade.

venres, 13 abr 2007
1176464964festivalemerxente.jpg
Trátase dun festival organizado por xente moza, en colaboración coa Concellería de Xuventude de Vigo. Nel participarán diferentes músicos e formacións musicais da cidade.

O obxectivo é reunir nun mesmo día a diferentes grupos de diferentes estilos musicais para amosar o que se está a facer neste eido na nosa cidade. Así, pois, nesta ocasión contarase coa presenza de:

L.CESAR & LK POLAKO
SAMUEL LEVÍ
LAS CAMIONERAS DE MINSK
SOUND SHEPARD
SEPTIEMBRE
ALL THE CREAM
Descargar todas as imaxes