Escoitar

Fin de semana de troula e paixón nas "Tardes e Noites Vivas"

Esta fin de semana, venres 13 e sábado 14 de abril, o programa da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo "Tardes e Noites Vivas" ofertaralle ao público xuvenil unhas tardes e noites repletas de troula e paixón con actividades coma un obradoiro de cociña para namorar, técnicas para ligar, bailes de diversos tipos, un gran abano de obradoiros, deportes e acceso ás novas tecnoloxías.

xoves, 12 abr 2007
1176378334vivas.jpg
Todas estas actividades son gratuítas, abertas a toda a xuventude de Vigo, e desenvólvense en diferentes puntos da cidade (pavillóns municipais, asociacións xuvenís, asociacións veciñais) e en diferentes horarios comprendidos entre as 17:00 e as 2:00 horas.

A programación para esta fin de semana é a seguinte:

O venres 13 de abril

-No Pavillón Instituto O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1): Obradoiros de máscaras de xeso e de coiro. Tai-chi. Pachanga nocturna ao aire libre, e Xogos de mesa. Entre as 22 e a 01 h.
-Na Asociación Xuvenil Cancerbero (Heraclio Botana,6): Noite de Mus. De 22:00 a 2:00h.
-No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1):Bailes de salón. Obradoiro de figuras de patchwork. Cociña para namorar. Musculación e squash. -Baloncesto "Vigo en xogo". Entre as 23 e a 01.30 h.
-No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas): Iniciación ao teatro. Danza oriental. Liga de xogos en rede. Internet, chat e messenger. Obradoiro de atrapasoños. Espazo aberto. Dardos electrónicos. Entre as 17 e as 23 h.
-Na Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia (r/ Marín, 1): Acceso a internet dende as 19 ata as 21 h.
-No Pavillón de Coia (Avda. Castelao s/n): Actividades deportivas. Iniciación á cultura galega (baile, pandeireta). Entre 23 e 01 h.
-Na Asociación Xuvenil Abertal (r/ Venezuela, 3 Baixo): Obradoiros "Faino ti mesmo" (pulseiras, colares e pendentes de abelorios e carteiras de coiro). Obradoiro de figuras de abelorios. Break dance. Acceso a internet. Sala multiusos. Entre 17.30 e 23.00 h.

Sábado 14 de abril

-No Pavillón Instituto O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1): Baile salsa. Obradoiros de coiro e chaveiros ecolóxicos. Pachanga nocturna ao aire libre. Xogos de mesa. Entre 22 e 01 h.
-No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1): Técnicas antiestrés. Obradoiro de chaveiros personalizados. Técnicas para ligar. Musculación e squash e baloncesto "Vigo en xogo". Entre 23.00 e 01.30 h.
-No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ó carón da pista de bicicletas): Iniciación a break-dance. Obradoiro de atrapasoños. Liga de xogos en rede. Internet, chat, messenger e wifi. Espazo aberto. Karaoke. Dardos electrónicos. Entre 17 e 23 h.
-Na Asociación Xuvenil Abertal (r/ Venezuela, 3 Baixo): Faino ti mesmo (pulseiras, colares e pendentes de abelorios e carteiras de coiro). Cociña: Prato cubano. Obradoiro de cabezudos. Acceso a internet. Sala multiusos. Entre as 18 e 23.30 h.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31). Teléfono 986 294 806 ou na web www.xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes