O Calfoncal Lavadores buscará na casa unha praza para o Campionato de España Xuvenil de Balonmán
O Pavillón Municipal de Lavadores acollerá do venres ao domingo próximos a Fase Zonal do Campionato Estatal Xuvenil Masculino de Balonmán, na que participarán o Calfoncal Lavadores, o Base Oviedo (Asturias), o Lourdes Uva (Castela e León) e o Escolapios (País Vasco).
Esta Fase Zonal, unha das oito clasificatorias en todo o Estado, xogarase polo sistema de liguiña e daralle ao equipo vencedor o pase ao Campionato de España. O adestrador do Calfoncal Lavadores, Juan Costa, adiantou que "van ser partidos desputados e con moitos goles", dado o alto nivel dos equipos con que se terá que medir o equipo galego.
Así, o Base Oviedo é o campión asturiano, Lourdes Uva é o subcampión castelán-leonés e o Escolapios ocupa o terceiro posto entre os equipos vascos.
Para o capitán do Calfoncal, Diego García, esta circunstancia fará que esta Fase Zonal sexa "unha competición moi dura", da que os xogadores galegos deben gozar como depostistas.
O Calfoncal Lavadores enfrontarase ao Lourdes Uva o venres a partir das 20.00 horas, xogará co Escolapios o sábado a esa mesma hora e finalizará o torneo ante o Base Oviedo o domingo a partir das 12.15 horas.
Descargar todas as imaxes