O Concello programa intervencións sociais integrais para as familias xitanas e ciganas
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias e o representantes da Fundación Secretariado Xitano, Santiago Avión asinaron un convenio de colaboración para a intervención social integral para as minorías étnicas cigana e xitana que residen en Vigo.

Marta Iglesias informou que a través deste convenio realizaranse actuacións de atención individualizada, elaboración dun plan de intervención familiar e seguimento a aquelas unidades familiares destes grupos étnicos que teñan un diagnóstico social moderado, grave ou moi grave e que sexan derivados polos traballadores sociais das Unidades Básicas de Acción Social á que pertenza.
Outros dos aspectos que contempla o convenio é a realización de actividades de carácter educativo a nivel grupal destinadas a favorecer un lecer educativo entre os menores , que reforce a súa participación social, mellore o seu currículo escolar e preveña a marxinación social e os comportamentos autodestructivos.
Os destinatarios deste convenio estimase en 50-60 familias de etnias cigana e xitana residentes en Vigo .
Descargar todas as imaxes