DOWNVIGO e Gas Galicia colaborarán no desenvolvemento da "Escola de Vida"
A asociación DOWNVIGO e a empresa Gas Galicia asinaron hoxe venres un convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto "Escola de Vida", co que se quere ofrecer ás persoas con síndrome de Down ou discapacidade intelectual a oportunidade de levar unha vida independente.
O Concello de Vigo asinou, hai un ano, un convenio de colaboración coa asociación DOWNVIGO para o desenvolvemento do programa de vida independente "Escola de vida". Este programa realizouse nunha vivenda propiedade do Concello, sita na rúa Anduriña, 27–6º C, cedida en uso a esta entidade para este fin. Nestes momentos xa viven dúas persoas no piso.
Con esta experiencia quérese facilitar a aprendizaxe dunha vida independente a persoas con síndrome de Down ou discapacidade intelectual. O obxectivo é fomentar a iniciativa destas persoas para que tomen decisións libremente.
De acordo co convenio asinado hoxe venres, Gas Galicia achegará á Asociación DOWNVIGO unha cantidade de 5.500 euros como contribución ao desenvolvemento do citado proxecto.
Ao acto de sinatura do convenio asistiu a concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias.